SUSPENSION de Parkeharrison
Era un home esquivo, coa mirada sempre debuxada no ceo; de profesión, vendedor de paraugas, ocupaba o seu tempo libre nun horto no que criaba nubes, ata que medraban tanto que tiña que ceibalas. Moita xente quererá ver nisto un negocio mais ninguén puido explicar nunca porque tanta dor...
nen ninguén sabe que foi del cando a súa tenda pechou e o horto se arruinou; algúns din que un deus xeneroso lle obsequiou a vida en suspensión, e lle alugou un cuartiño alá entre o po e as estrelas.
sexta-feira, agosto 31
CEIBANDO NUBES
Assinar:
Postagens (Atom)