Xa coñecedes o camiño ate a igrexia ou o bar-tenda do pobo, logo un pouquiño mais e chegábamos o sinal, "prohibido pasar", por ahi pasábamos nos, un camiño enorme, o bosque dun lado e as terras enormes cheas de uvas pronto ocupaba todo, e por fin....... chegamos.
Naquela casa, as cousas non seguían a orde que eu coñecía, a entrada nunca se usaba, polo contrario sempre entrabamos pola parte de atrás, polo pequeno porche que ia directamente a cociña, supoño que atraidos pola calor da cociña, ali estaba a miña bisavoa, na silla, pequena, vella. Tiñamos water na casa, un cun carteliño de ocupado, mais sempre usabamos o de fora, un espacio con madeiras e un water sen fondo, que deixaba caer todo directamente no burato feito na terra para a ocasión, e estaba o frigorífico, non na cociña claro, senon nunha habitación chea de libros que en tal ocasión acollía o refrixerador como un mais. O salón non era usado como tal, polo contrario servia pra cubrilo con colchóns que serían aloxados pra pasar a noite.
Nese mesmo salón estaba o piano do meu bisavo, músico de profesión e supoño que escritor de deboción porque deixou un libro escrito "para a sua proxenie" que nos achega un pouco mais a sua personalidade aos que non o coñecimos.
En Quintela o tempo detiase e o espacio non exístia, dende o labirinto na entrada da casa, o cruxir da madeira, a porta do cuarto da miña bisavoa entre aberta e ela descansando na cama, a cabana no bosque, os primos, aquela carabana que chegou un ano cos primos dende Arxentina, os risos, o silencio, os foguetes da festa, o tractor do tio Agustín, as carreiras, a noite, o bosque por descubrir, o cheiro da aldea, a aventura, a calor, ate a tranquilidade da mañán que espertaba no fallado.
Naquel lugar corrín, corrín polas laxas, corrín polo camiño, corrín diante dun xabarín, corrín polas escadas, e trepei na arbore, e caín, e vin unha mantis.
Aquelo era Quintela, pero ben podería ser a festa de non-aniversario de Alicia, o anfiteatro de Momo ou villa canterbur, e asi o guardo na miña memoria, coma un vello conto de aventuras sempre listo pra ser desempolvado e voltar a ser vivido.










