Como toda-las boas historias, esta tamén se xesta na mesa dun bar, de onde parte a nave Argo cara a Illa de Cólquida na procura do Velo de Ouro. Nesta viaxe converxeran Atalanta, Medéa e Idmón aos que, esperamos, se lles vaian sumando novas persoaxes nunha aventura onde as ideias fiarán o camiño a percorrer.
Dende terras Rosalianas ofrecemos un espazo libre cunha pequena fiestra aberta a comunicación, o diálogo, á creación, á expresión.......
Soltando amarras!!
Levando Ancoras!!!!
Izando Velas!!!!!
3 comentários:
olá!!!o meu nome é Idmón, son basicamente un adiviño que embarcou nesta aventura sabendo que ao chegar á illa...ía morrer.
E tiña razón....son,digamos a persoaxe camicace da historia. As veces hai que arriscar inda sabendo o que vai vir....anímovos a aportar as vosas ideias!!!calquera cousa será benvida!!!
Beixiños para todo o mundo.
Teredes máis noticias miñas...ben pronto
Valoro o teu sacrifizo e entrega, ainda que pra que enganarnos o victimismo mora en ti dun xeito natural, ja, ja.
Agora ben,compartimos unha ideia fundamental,o medo non debe ter cabida nesta viaxe no Argo.
Así que moitos azos pra toda aquela persoa que goste de coidares e ver medrar esta criança.
Deica pronto,
Atalanta
coma nom só de adversidades vivem as odiseas, remade, compañeiros, ao son desta lira k soa nos momentos calmos... breves tempos de serenidade, reflexión; berce da fortaleza neste incerto alen - mar....
Orfeo...........
Postar um comentário