segunda-feira, setembro 17

CONTO EROTICO.















Calquer cousa, decatouse en seguida, era suficiente para levar o pensamento a un encontro sexual. Calquera. Botaba unha ollada ao xornal gratuito que chegaba todos os martes ao buzón da casa, buscaba un aparato de DVD de segunda man, na sección de "artigos á venda", pero por algunha razón descoñecida os ollos procuraban outro tipo de servizo. "Muller nova procura muller de entre 30 e 40 anos para amizade e máis...", "mozo de 20 procura muller de máis de 30, sen límite, para ser instruído nas artes sexuais". Virou de páxina, en busca do aparato electrónico, que para iso collera o xornal. Tentou centrarse no que precisaba buscar, pero en lugar diso, comezou a pensar en atopar vibradores e outros aparellos provoca pracer. Como chegara o pensamento ate ahí? Sentiu unha calor que lle subía polas pernas de repente. Tamén na cara. Pensou en todas aquelas veces que pensara en mercar un xoguetiño procura pracer, pero as tendas eran poucas naquela pequena cidade e non se sentía demasiado cómoda ante a posibilidade de perder intimidade. Calquera podería vela. "E que carallo me importa a min a xente", pensou. Pero a intimidade era a intimidade. Niso levaba razón. Acendeu o ordenador. Internet era o mellor xeito de atopar o que buscaba. Por se-la primeira vez, a emoción vibraba nas ondas do ar, o corazón latexaba forte, bum bum, bum bum, e a calor aumentaba progresivamente ante a posibilidade de encarnar o que a imaxinación lle pedía. Abriu o buscador que usara outras veces para saber das novas do mundo, ou cubrir calquera outra curiosidade anterior, textos, poesías...artigos interesantes. Tamén era interesante desta vez. Tirou co xersei que levaba posto. Demasiada roupa enriba. Sentiu un formegueo polo corpo e unha suor baixándolle polo peito. Fregou os ollos, nun intento de se centrar no que estaba facendo. "Veña" . Abriu a primeira páxina que lle ofrecía exactamente o que procuraba. Un catálogo de aparellos para o pracer aparecíase importante diante dos seus ollos. Mirou pasar a un rapaz pola xanela do cuarto mentres navegaba pola páxina. "Mimadriña", pensou, a cabeciña estáballe xogando moi boas pasadas. Xa estaba alí, naquel cuarto semiescuro. Naquel coche. Na praia ou detrás do palleiro aquel. Deulle a risa, con razón, ao decatarse de cantas posibilidades idiotas a atacaban se parar; cando chega o desexo sufrimos ese tipo de transformacións que nos cegan e nos fan pensar en calquera escenario como algo poderoso que nos posúe.Gostaba de sentir o tecido da camisa pegada á súa espalda, polo efecto da suor. Secou o pescozo e continuou. Sentiu por entre as pernas unha presa esaxerada, e moitísima calor. Tirou cos zapatos e calcetíns. Tamén con todo o demáis, pero deixou a saia posta e a camisa, entreaberta. Meteu os dedos na boca, de vagariño, ate que os sentiu mollados por entre a lingua. Acariñou os beizos unha vez máis. Deuse conta de que esquecera da internet e de todo o demáis. Non podía pensar noutra cousa. Un tremor a sacudiu un instante antes de se tocar no punto exacto onde sentira o desexo tantas outras veces...cos dedos ainda mollados pola saliva. Sentiu moitísima máis prisa, deixouse levar polo movemento acompasado da súa man, erudita no tema, experienciada en procura-lo pracer proprio. O corpo experimentou un cambio fermosísimo. O sangue fluia acompañando o movemento rítmico dos dedos máis húmidos agora, gracias aos fluídos femininos que favorecían e incrementaban a sensación de placer. Empregou a imaxinación para visualizar imáxenes e instantes que anteriormente a levaran a un estado de desexo semellante. A pesares dos intentos por prolonga-la sensación poderosa que a dominaba, sentiuse posuida de tal xeito que se tivo que deixar vencer, cando sentiu que aquela calor a gobernaba por completo deixándoa sen folgos, tra-lo suspiro calado, silencioso que deixou sair, para alcanzar o punto máis alto, máis forte. Namentras apuraba os dedos da man, coma nunca antes, para alongar a sensación o máis que puidera.

3 comentários:

Anônimo disse...

Ja, ja......... ummmmmmm desordeado seica, o relato, o desexo?,góstame este cambio na nova liña editorial, que vou dicir que non se saiba.

Anônimo disse...

Seica esta desordeado??Bueno...foi dificil escribir un relato asi, que non ocupara moito espazo...non sei. Alegrome de que gostaras do cambio...iso pretendia...facer un pouco de miscelanea.
Idmon

Anônimo disse...

Bueno, espero que o cambio fora para positivo...o contido non cambiou...pero polo menos a forma non e tan caotica,o outro dia non tiven tempo. Bicos
Idmon