........porque a terra era redonda, pero ¿non era que a terra era ovalada? achatada nos seus polos dician, inda que é certo que naquel programa demostraban que a terra era redonda escachando un ovo na testa dun concursante, e naquela outra canción a terra era un globo que se lle escapara a alguén, ou tamén poderíamos seguir creendo que a terra é plana ou que simplemente é un conxunto de enerxía que baixo unha serie de condicions fixose materia e que volverá ser enerxía nalgún outro momento. A min gostame chamala Gaia, como dicía aquel, polo de pensar que é un ser vivo, inda que sexa redonda ou cadrada. Sentila cada vez mais perto, escoitar todo o que nos esta a contar, ollala case as agachadas para redescubrir o que nos tiña aprendido e que esquecimos tras siglos de "progreso". Voltar a atopar os nosos instintos, aqueles que non se razonan, que non se entenden, que so se sinten. Saber que se algún misterio ten a vida ten que agocharse na semente que garda unha árbore, ou nos cantos das baleas ou nas formigas carrexando en fila india a comida ate o formigueiro.
Estanos gritando co cheiro da mañán, co son do mar, co movemento das árbores e só temos que lembrar, e achegarnos a ela como cando sabiamos que eramos os seu fillos.
Estanos gritando co cheiro da mañán, co son do mar, co movemento das árbores e só temos que lembrar, e achegarnos a ela como cando sabiamos que eramos os seu fillos.
Medeia

5 comentários:
Moi sentido, Medeia...voltar as nosa raices e lembrar...por que resultara tan dificil?Bueno...ti hoxe fixechelo un pouco mais facil.unha aperta
Idmon
Cando cativa adoitaba creeres que o centro da terra non estaba máis aló da escuridade na que se perdía a miña mirada cando asomaba ao pozo da miña avoa, nos outros pozos tamén pero sobre todo no da miña avoa.
Entre as múltiples estratexias que seguía para descubrires o que alí se agochaba dúas eran as miñas preferidas, a primeira consistía en romperes o seu centro de gravidade tirando toda clase de obxectos que tivese a man, a verdade é que a seleción dos mesmos non era algo que me levase moito tempo, a cuestión non era outra que facer acopio, a toda velocidade, dunha boa cantidade de munición, entre os que contaba osos, pedras, paus, xoguetes que xa non estimulaban os meus sentidos ou anacos dos mesmos que ficaran lisiados noutras guerras.
O ritual era ben dodao, máis sinxelo que explicar todo isto dun xeito breve, cando xa tiña recolleita toda munición escollía un lugar privilixiado, é dicir, se podía ter o corpo por riba do pozo mellor que lanzar os proxectís cando só levantaba as mans e media cabeza por riba da súa estructura.
Entón cando xa a miña posición respecto o obxecto da miña guerra particular non era un inconvinte, suxeitaba a ferramenta coa que facer a primeira prospeción nas entrañas ou no corazón da terra, e co xesto grave e serio estrellaba a miña vontade,e tódalas miñas forzas contra ese oco valeiro ata que percibía o golpe do corpo contra a auga ou a oquidade, mais era tan só un instante fugaz e tan leve, que a hostilidade do xesto ía medrando de cada vez, ata que remataba a munición e con ela se agotaba a miña paciencia. Era difícil loitar cando a resistencia era tan pouca, creo que no fondo sempre esperaba a que de súpeto un día, o pozo me devolvese a mala hostia que verquía sobre el día si, día tamén.
Logo estaba a segunda estratexía, neste caso a fórmula non incluía técnicas tan invasivas, nin obxectos extranos, eiquí estabamos sos, man a man, o fondo do pozo e eu mesma. Pero si implicaba para min un esforzo maior, todo o vento dos meus pulmóns e toda a tensión da miña gorxa... ei, non escupía berraba, o que?... o primeiro que se me pasaba pola cabeza, daquela era máis inocente, hoxe berraría outras cousas, jaja. Ben, sen coñas, este é un conto serio. Total que en tódolos casos obtiña unha mesma resposta, podo asegurar que berraba cousas diferentes, pero a resposta era sempre a mesma, sinxelo, non? que estades esperando? ao tempo que eu remataba de espetarlle o berro de turno velaí viña de volta a resposta, o meu son reflexado, con máis ou menos intensidade pero resposta era.
Total que o de Xulio Verne é unha broma o centro da terra está no pozo da miña avoa, que agora non é dela, pero para min sempre será o da miña avoa, e claro que a terra nos fala, nos manda o noso son e facer reflexado, e claro que é un ser vivo, nós somos ela e ela somos nós, eu non sei que foi antes de verdade, parecémonos ata no paradóxico da nosa natureza, somos e é capaz de albergar toda a beleza e toda a crueldade do mundo, as veces podemos explicarnos e explicala outra pola contra non hai verbas, o misterio da terra e o misterio da natureza humana. Se a procuramos
atoparemonos con nós é viceversa. Graciñas por este anaco de infancia.
PD.A canción do globo tenche tela, esa non é da meus anos mocosos, joder que vella non?? ja,ja
Por un instante pensei que o pozo che devolvera outra resposta...cada vez creo mais no imposible, e na infancia as portas estaban sempre abertas. Xulio Verne non tinha nin ideia do que acontecia no fondo daquel pozo, jaja. Sen dubida o centro da terra, a calor, o coracao debia andar baixo da casa da tua avoa. Beijos
P.D.Proxima viaxe a Pedron...inclue visita obrigada a ese pozo recolle anacos de infancia.
Idmon
Idmon,non hai nin truco, nin misterio, eso son mentiras como as de Xulio Verne, que nos contaron cando medramos; o imposible existe sempre(na mesma palabra), nunca foi segredo, está aí,somos nós que non reparamos no sinxelo, pregunta e resposta é un continuum, toda cuestión contén unha resposta e viceversa... se non tendes fe nas palabras desta ignorante, procurade un pozo e me contades....eu tamén o farei e logo sempre podemos facer unha posta en común, jaja.
Conclusións: esta é unha sipnose do remake do "pozo dos desexos", non vos riades, é importantísimo ter un pozo, de feito vou procurar un para o blog, ademáis mira por onde atopei unha nova dinámica para traballares, graciñas compañeiras.
Oes, eu teño un pozo(e non lembraba del) agora contaideme vós...algo habería, nesas infancias(tivéchedes, non??)
Eu so lembro dun pozo, bueno, mais ben dun non pozo que leva dende sempre na casa vella de Pazos, o que meus bisavoos usaban e que coa chegada da modernización e da auga corrente foi cerrado cunha gran pedra a espera de que a nostalxia volte abrilo, xa non pra a dificil tarea de recoller auga pra as labores cotias senon polo simple gosto de ter un pozo.
Postar um comentário