segunda-feira, fevereiro 11

O anxo do gueto de Varsovia

Irena era enfermeira no Departamento de Benestar Social de Varsovia cando Alemaña invadiu o país en 1939, dende alí proporcionaban comida a orfos, anciáns e pobres, ademais de roupa, medicamentos e diñeiro. En 1942, cando os nazis crearon un gueto en Varsovia, Irena decide unirse ao Consello para a Axuda de Xudeus, Zegota, motivada polas terribles condicións que alli se están vivindo, e consegue para ela e outros colaboradores identificacións da oficina sanitaria para entrar no gueto co obxectivo de loitar contra as enfermidades infeciosas. Unha vez ali, Irena empeza a porse en contacto con familias para ofrecerlles a posible saída dos seus fillos do gueto, pero nunca con garantías, por iso moitos pais ou avoas, non estaban dispostas a deixar marchar aos seus fillos sen saber o que lles podería suceder. Ao longo dun ano e medio, ata a evacuación do Gueto no verán do 42, conseguiu rescatar a máis de 2.500 nenos por distintos camiños: comezou a sacalos en ambulancias como vítimas de tifus, pero pronto se valeu de todo aquilo que servisen para escondelos: cestos de lixo, caixas de ferramentas, cargamentos de mercaderías, bolsas de patacas, cadaleitos... Pero Irena non só quería manter con vida a estes nenos, quería que un día puidesen recuperar os seus verdadeiros nomes, a súa identidade, as súas historias persoais, as súas familias. Entón ideou un arquivo no que rexistraba os nomes dos nenos e as súas novas identidades. Os nazis souberon das súas actividades. O 20 de outubro de 1943, Irena Sendler foi detida pola Gestapo e levada á infame prisión de Pawiak onde foi brutalmente torturada. Non conseguiron sacarlle ningunha información e Irena Sendler foi condenada á morte.Os membros de Zegota lograron deter a execución subornando aos alemáns. Irena continuou traballando cunha identidade falsa. En 1944, durante o Levantamento de Varsovia, colocou as súas listas en dous frascos de vidro e enterrounos no xardín da súa veciña para asegurarse que de chegarían ás mans indicadas se ela morría. Ao finalizar a guerra, Irena mesma os desenterrou, e entregoulle as notas ao Doutor Adolfo Berman, o primeiro presidente do Comité de salvamento dos xudeus superviventes.
Hai quen busca e non atopa sentido á súa vida, e hai quen o atopa, hai quen vive e simplemente deixa os dias pasar, hai quen vive sufrindo, quen vive querendo morrer, e hai quen viviu, e a súa vida deixou de ser só súa para pertencer a todos aqueles que atoparon sentido ás súas propias vidas.
Medeia

3 comentários:

Anônimo disse...

Ela sempre dixo que de heroína non tiña nada, que todo o que ela fixo era soamente algo normal. Hai xente que non ten que pensar por qué están no mundo, outros navegamos perdidos procurando respostas que gardamos en tarriños de cristal coma segredos, como ela fixo para non soterrar a memoria...cando escoito historias como a de Irena, todo semella moito máis claro. Graciñas pola entrada. Unha aperta para todas.
Idmón

As Argonautas. Fiando ideias disse...

Unha promesa é unha promesa.O blog vaise actualizando de vagariño. Espero que pouco a pouco vaiamos resucitando a este coitado que estaba enfeitizado polos encantos de morfeo. Só un apuntamento...hai un xeito de acceder a enlaces, unha vez que estades editando a entrada, aparecerá un cadriño para colocar o enlace web. Para acceder a el, só temos que facer click xusto no titular da entrada unha vez que estexa publicada. Abanteeeeeeeeee e biquiños
Idmón

Anônimo disse...

Atalanta cree nos anxos e con este non ía facer unha excepción, fermoso conto a vida desta muller e máis aínda para tódalas aquelas persoas que tiveron a oportunidade de que ela se cruzase nas súas vidas.
Ben, anxos, eu tamén celebro terme atopado con vós.
Obrigada, unha aperta enorme.